Cear a dez metros do mar, en pleno porto de Domaio, en Moaña, é posible se reservamos mesa en O Xantar de Mónica, unha renovada Casa de Salazóns que hoxe ofrece cociña tradicional cunha presentación acorde aos tempos que corren, nun ambiente acolledor e con coidado servizo. Resultará boa elección se o que buscamos, ademais do cheiro a mar, é peixe e marisco, especialmente se nos decantamos por unha das súas especialidades: o guiso de peixe sapo con bogavante. Aínda que tampouco renuncian a ter unha variada oferta en carnes, e claro está, en viños. Por un prezo nada excesivo pode ser unha interesante opción para probar a alta cociña xunto á ría de Vigo.
Anuncios