É posible que nalgún momento Ramón Piñeiro pasara por diante desta casa da súa vila natal, que normalmente deberiamos recomendar para durmir, pero na que neste caso pararemos para comer ou ben cear, pagando só uns 15 euros. Trátase da Casa Grande de Láncara, unha preciosa construcción de estilo indiano en pleno val do río Neira, complemento máis que natural para o paseo que poderemos dar trala comida na súa finca de máis de dez hectáreas, a que apetece? Pois máis vai apetecer cando saibas que empregan produtos totalmente caseiros, dende verduras e legumes da súa propia horta, ata ovos caseiros e, de premio, o seu famoso biscoito da casa… rico, rico.
Teléfono 982567454
http://www.turgalicia.com









