O val do Ulla queda o suficientemente preto de Santiago como para nos achegar en poucos minutos ao rebumbio das festas e o suficientemente lonxe como para evitalo e buscar un ambiente natural de relaxación e tranquilidade para durmir. Con vistas ao Pico Sacro, a sete km de Compostela existe unha nutrida oferta de turismo rural. En Vedra, este pazo do século XVIII con once cuartos e ampla historia. Unha casa soleada que presume de rosquillas e augardente caseira para debates a media luz pasadas as horas de sol, con lareira na cociña, curruncho de lectura e incluso un pequeno bosque de bambú onde -segundo din eles- habitan os gnomos. Todo será ir por alí a ver se aparecen, e se non, sempre nos quedarán as rosquillas.
0 Respuestas a “DURMIR | Turismo Rural | Pazo Cibrán | San Xulián de Sales | 15885 Vedra (A Coruña)”