Durmir nunha antiga fábrica de curtidos pode parecer estraño, pero se resulta ser unha casa de turismo rural perfectamente acondicionada e recén rehabilitada… xa pode resultar máis apetecible. A Casa Vilaboa fundouse en 1890 a 1,5 quilómetros de Allariz, e hoxe en día conta con sete cuartos, dúas suites especiais con bañeiras de hidromasaxe e un deseño interior difícil de atopar en aloxamentos deste tipo. Co río Arnoia a pouco máis dun quilómetro, os primeiros días do verán son boa época para achegarse ata alí a pasar a fi n de semana e gozar da pesca ou do cicloturismo, ademais de descubrir o ecoespazo de O Rexo, o bosque pintado por Agustín Ibarrola.
www.casaruralvilaboa.com
DURMIR | Turismo Rural | Casa Vilaboa | Praza Maior s/n, Vilaboa | Allariz
Publicado 3 Julio 2008 dormir Deja un ComentarioTags: turismo rural

0 Respuestas a “DURMIR | Turismo Rural | Casa Vilaboa | Praza Maior s/n, Vilaboa | Allariz”