Sabas de algodón e colchas de liño para pasar a noite nunha cama con dosel no corazón da Ribeira Sacra luguesa. Na Casa das Xacias isto é posible por menos de 60 euros. Pero se o dosel non fora o estilo buscado, podemos optar por calquera dos seus outros cuartos, con camas de madeira autóctona ou de ferro, variedade de formas e estéticas. E antes de durmir, a cheminea do salón, sempre prendida, achegará a atmosfera que fai afl orar lendas de ninfas, mouras… ou xacias, como reza o nome da casa. O salón convértese tamén en escenario para unha das actividades que se contratan dende a web: a noite meiga, con esconxuros incluídos. Quen di non a unha boa queimada?
www.asxacias.com
DURMIR | Turismo Rural | Casa das Xacias | Airoá 3, Pesqueiras | Chantada
Publicado 3 Julio 2008 dormir Deja un ComentarioTags: tradicional, turismo rural

0 Respuestas a “DURMIR | Turismo Rural | Casa das Xacias | Airoá 3, Pesqueiras | Chantada”